viernes, 18 de septiembre de 2009

cando o Futuro é Presente

Un día podías soñar que eras astronauta para ó día seguinte pola tarde querer ser bailarina. A felicidade de ter toda a vida por diante e ter tantos camiños para escoller, vai menguando cada vez que colles un deles e cerras así innumerables portas. E mentres te replantexas a vida, a corrente lévate.


jueves, 16 de julio de 2009

Do amor ó odio hai un paso


O lugar onde naces, ou onde pasas os teus primeiros anos, ou onde naceu toda a túa familia, é onde comeza o muelle que termina no teu corpo, que che deixa alonxarte, pero chega un punto que tira de ti e obrigandote a volver a casa.
Sendo o lugar que máis queres é tamen o que máis odias, porque o coñeces tanto que non paras de sacarlle defectos. Se a iso unes, que notas que tódalas decisións que se toman van en contra do que ti farías, desesperaste. Pensas en marchar, en protestar, en non pensar, en buscar solucións.
Estou farta do cemento polo cemento, dos edificios vacios, das praias de mentira, da xente que viaxa sen respetar o lugar que visita, dos que reciben visitantes sen facerse respetar, dos que pasean en coche, de que se burlen do noso acento, dos que falan utilizando unha chea de palabras recortadas e misturadas co inglés.
Estase construindo o último pedazo de costa que tiña árbores.
Sálvanos a choiva.

sábado, 13 de junio de 2009

Os incomprendidos. Non vale só con ser por dentro, hai que aprender a votalo fora.



Soamente ando a pensar en voz alta, non quero que ninguén se de por aludido, que non hai ninguén malo de todo, e tampouco ninguén que sexa un santo.


Existe xente elocuente, leda, que da gusto estar con ela, sempre con ideas novas de como pasalo ben e sempre rodeada de amigos, pero esa condición de superioriadade dalles a opción de non tratar ben a todo o mundo. O que escolle é porque lle sobra.

Ás veces topas con xente moito máis imperfecta, pero moito máis xenerosa coa súa bondade.

O tempo é finito, supoño que é normal escoller, que non se pode estar en todas partes e con todas as persoas ao mesmo tempo. Pero parece que todos gustan dos mesmos valores, que socialmente está establecido como ten que ser a persoa perfecta. Plantexome se isto será cousa xa da nosa natureza. Que tendemos a movernos coma carneiros. O certo é que para sentirnos ben necesitamos a aceptación dos nosos conxeneres, pero non sei ata que punto. Pódese vivir afastado da sociedade, pero sempre acabas volvendo a caer na mesma trampa, sempre o máis minimo sorriso faite feliz, e saes a buscar máis e máis sorrisos, aceptación. Levas tanto tempo agochado que a moda da persoa perfecta cambiou, e o que estiveches ensaiando xa non se valora. Tamén tes que ter coidado, de deixarte levar pola capacidade camaleonica do ser humano, que si pasas moito tempo nun sitio, e baixas a garda, poden empezar a parecerche lóxicos certos valores, que en realidade, ou polo menos na túa realidade inicial non o son. Ó final, despois de saír e entrar tantas veces no cascaron, cada vez máis forte ou máis insensible, que para o caso é o mesmo, chegas a un punto no que por un lado manexas algunha das habilidades sociais e por outro cada vez che importa menos o que digan de ti, porque tivechela sorte de atopar xente á que lle gustas, e diso xa fai tempo, xente que che axudou a decidir que partes de ti eran defectos e cales virtudes, que non é tan sinxelo como parece. Pero seguro que hai xente que inda non atopou a ninguén, que non o atopara xamais... se a sociedade fose xusta, esta sería a chamada mala xente, pero eu non me atrevo a poñer a man no lume pola sociedade.

Estoupei coma os fogos de artificio.

Este blog xorde da necesidade de amplialo meu horizonte de conversas, de que estou lonxe da casa, de que manter conversacións comigo mesma ás veces é moi enrebesado, de que escribir é bo para poñer as ideas en orde e publicar obligame a facelo mellor.