domingo, 27 de junio de 2010

Se o tes claro non o fagas

Quero dicir, sempre hai incertidume en todo, se o pensas ben, sempre hai pros e contras, nunca é branco ou negro.
De máis nova mudaba de opinión con máis facilidade, entón deixei de fumar porros :). Precisaba tomar unha decisión, se fixen o que debía inda non o sei, pero polo menos decidinme, que xa foi bastante. Para certas persoas certas bifurcións no camiño son imposibles de escoller, e o medo, a corvardía e a aleatoriedade acaban influindo sobre a lóxica e o corazón, que son os que realmente deberían gobernarnos.
Agora, xa me coñezo, xa sei que estar segura significa ter poucas dudas; que dubidar é bo, que non hai que facer as cousas hoxe porque así se fixeron onte, que hai que asentar os convencementos día tras día e tantas veces coma faga falta.
Que a cabeza dude de todo, pero que non se resintan os actos.

Versión española: Tres días con la familia


jueves, 10 de junio de 2010

Un granaino en Santiago

Lorca escribiu seis poemas en galego, Luar na lubre canta un deles

miércoles, 9 de junio de 2010

Xadrez

- E se son coma un peón do xadrez q o seu máximo movemento é un pasiño adiante, só un paso, que non son coma as torres, nin coma os alfís, nin coma os cabalos, son un simple peón.
- Pois logo dificilmente poderás comer ó rei.



Ás veces só necesitas un consello para virar a túa vida, ás veces.
Ás veces non precisas máis ca escoitar o que pensas.

Mira cara diante, pero onde é diante?



Cando se produce o cambio de ser novo de máis para influir positivamente no mundo, a sentirte demasido vello e perder a esperanza?, non debería de haber unha etapa no medio?
Quero ter paixón por algo que non sexa imposible, sufro a enfermidade da sociedade do benestar, da que tanto se fala últimamente: a falta de motivación.
Queren que volva a casa, é a opción máis doada, eu morro de medo. Teño medo de retornar de xeito indefinido, de agobiarme no meu lugar, é coma se non o quixese desgastar, como se non o quixese estragar para ter sempre a onde voltar.
Estou esgotada de procurar un futuro, de non saber que é o que ando a buscar, de non atopar nada, nin tan sequera pistas, nin cosellos, nin camiños.