domingo, 26 de septiembre de 2010

O meu mundo é en 3D

Últimamente (palabra coa que me encanta comezar a escribir) se me apetece falar con alguén dicirlle as cousas que provocou en min, esa persoa non está pola labor, e como non se pode obligar a ninguén a escoitar, escribo.
Estás só, chamas, non te collen, qué fas?, escribes.
Estás acompañado, falas, non te entenden, qué fas?, volves a intentalo, chamas, non te collen, qué fas?, escribes.
Cando queres dicir algo, pero non sabes nin como convertilo en palabras, fas todo o anterior mil veces, ata que chega un día que o tempo e un estado de ánimo sosegado axudante a expresarte con claridade. Unha semana despois danse as mesmas circunstancias e o que pensas segue parecendo coherente ó transformarse en letra, pero incompatible co que escribiches o outro día.
Nunha espiral de locura, da que ás veces é divertido saír, pero da que nunca me afastarei demasiado, pasan ós días, uns cara dentro, outros para fora deste enredo, e os especiais cara a dirección perpendicular das dúas anteriores.

o que vai a sevilla...

- ¿Qué querías dicirme onte?
- Nada, xa aclarei eu soa as dudas que tiña.

sábado, 25 de septiembre de 2010

+

Vivo a vida do revés, a estas alturas irresponsabilidades e xogos adolescentes crúzanse no meu camiño.
Ocupo o tempo en pensar no que me gusta pensar e evito o que me preocupa, extratexia coa que nunca estiven de acordo.
Deixome atraer por polos opostos.
Digo o que penso coma se fose unha meniña de dez anos.
Non morro por nada, a todo lle atopo lado positivo.

Din que Einstein un día dixo que a imaxinación é a visión anticipada do que atraerás á túa vida. A miña imaxinación é todo un festival, unha vida non chegaria para facer que todo se cumprise, pero ás veces pasa.

domingo, 5 de septiembre de 2010

Ese mes

O mes que decidín que non ía a atopar a felicidade no terreo profesional, que era necesario traballar o persoal, que quería moitísimo a alguén e que o anteporía ante calquera cousa, ese mes, ese mesmo mes a outra persoa decidiu que non me botaba de menos e que xa non me quería coma antes. Eu sigo tendo a mesma convicción: a felicidade esta soamete ó seu lado.

LA VIDA DE LOS PECES from sebastian olivari on Vimeo.

Os mundos de Yupi

Ás veces, penso que sería feliz soamente vendo boas películas, todo o día nunha realidade parelela, pero sen consecuencias nocivas para a saúde a longo prazo. Imaxinar sen esforzo algún. Outras veces, cando a preguiza me deixa en paz, penso que tería que comezar a escribir en serio as miñas entrañas para dar vida ás estrañas historias que viven na miña cabeza. Xusto ó espertarme, coller algo no que se poida pintar e recollelo ou grabalo con voz; cómo me gustaría poder sacarlle fotos ás ideas.