sábado, 12 de noviembre de 2011

apertas

Son importantes e non custan nada, nin tan sequera un titubeo cando existen uns cantos anos de amizade.
Son necesarias, cando as tes non as aprecias, mesmo as desprecias, e cando faltan non podes deixar de pensar nelas.
Teñen q estar de acordo canto menos dúas persoas, isto fai que a primeira vez sexa desesperante e adorable.
Poden dar lugar a máis ou non, pero nunca a menos. Non agobia ó que a recibe, nin lle asegura nada o que a da, xa que hai de moitos tipos, puidendo, o que a regala interpretala dun xeito e o que a recibe doutro, ou ambos de varios, é a festa da ambigüidade, que mentres dura permíteche soñar.
Son insubstituibles, non te podes apañar ti só, non hai forma.
Son o mellor.

lunes, 17 de octubre de 2011

Unidos polo sentido común

antes http://nosinmibici.com/2010/05/18/entropia-economia-y-decrecimiento/ 15M http://blogs.elpais.com/trending-topics/2011/05/los-virales-de-spanishrevolution.html http://blogs.elpais.com/trending-topics/2011/05/los-virales-de-spanishrevolution-2.html http://www.rtve.es/alacarta/audios/carne-cruda/carne-cruda-medios-alternativos-27-05-11/1113436/ preparandonos para o 15 O http://www.rtve.es/television/20111005/documentos-tv-generacion-perdida/466307.shtml 15 O http://www.escolar.net/MT/archives/2011/10/indignarse-es-poco.html#comments http://www.guerraeterna.com/archives/2011/10/ft_una_moviliza.html É 17 de outubro, o sábado tivo lugar unha manifestación que deu a volta ó mundo, fálase de 900 cidades nos 5 contienentes. Índa que as cifras son arrepiantes, parece que non pasou nada, xa levamos tantas manifestacións multitudinarias en tan pouco tempo, cando aquí o típico era protestar nos bares, que parece que é o pan de cada sábado pola tarde. Somos conscientes de que quedan tantas por diante, estamos tan dispostos a saír a rúa cantas veces fagan falta, que xa non se nos poñen os pelos coma escarpias durante días, xa non se nos humedecen os ollos, ou polo menos non tanto coma no 15M, onde non sabiamos ninguén o que ía a vir detrás, nin o que estaba pasando, onde nos demos conta de que non estabamos sós, de que había máis tolos coma nós, moitisimos máis. Agora o temos claro, o mundo vai a cambiar, o sistema caerá polo seu propio peso, pero non pararemos de saltar para acelerar esa caída.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Deixar de

Ó igual que nós, os sentimentos medran, mutan, minguan e esvaecense. Nada ten de malo e nada ten de bó. Os cambios deberían ser suaviños e lentos, ou é que se deixa a unha persoa coma quen deixa de fumar?, evitandoa e alonxandote dela, como se fose tan mala coma o tabaco; índa que habelas hainas, non vai ser o caso.
Non podo comprender que do amor ó odio haxa só un paso; sí en quente, pero non en frío, que se seguimos así chegaremos a xélido e nin tan sequera nos felicitaremos os cumpreanos.
Haberá xente, que cando se fixo o reparto de memorias chegarían tarde, e agora teñen a capacidade de esquecer tamén as cousas boas, esas que sempre son as derradeiras, a verdadeira "resistance", esas coas que nos gusta tanto soñar.
Eu coma sempre teño moi poucas cousas feitas das que arrepentirme. Unha das poucas é que non tiña que crerte cando che facía prometer que sempre seriamos amigos, pasase o que pasase, e ti dicíasme que non concevías outro final.
Ó mellor, iso de estar tan desarraigado, faite así de individualista, de tódolos xeitos non entendo porque fas que este abismo e esta galbana acontezan, pero o día que repartiron memorias, parece que tamén repartían sensibilidade, e ti tamén quedaches sen ela; ben por ti, porque vale para ben pouco. Eu non deixo de ser a túa amiga, non son capaz, inda que non reciba unha mísera mostra de agarimo en anos; pero deixo de idolatrarte, de crerte, deixo de pensar en ti e de quererte.

miércoles, 16 de marzo de 2011

sen vento que me leve, sen brúxula que me oriente

Ás veces chámote para falar, outras para escoitar; unhas preciso que me desenredes e outras comprobar que estás ben.
Eu sigo, vivindo máis en soños que na realidade, será porque pretendo que a irreal felicidade que creo na miña cabeza me dea folgos para enfrentarme a todo o que quero cambiar, ahí fóra e aquí dentro.
Teño esa impresión de non saber que ano é, e esquezo a orde dos meses demasiado amiudo. Empecei a espertarme sen saber onde estaba ó mes de chegar, non ó chegar, supoño que foi cando comecei a darme conta de que nunca poderei volver a ningunha situación nas que estiven; que nada é estático, incluso agora que case todo o parece; que só queda mirar para diante; que continuar escapando non me levará a ningún destino.
Non vivo, levito, as decisión tomanme a min no canto de eu a elas. Fai demasiado tempo que non me sinto satisfeita, que sinto que perdo o tempo, que vivo a medias.
Preciso unha paixón pola que guiarme, unha paixón que estea nas miñas mans ata cando eu quera, e que non se esmoreza cando menos o espere.
Parece que vou clarexando as cousas, que xa sei o que quero. Pero so o asemella, eu creo que non é que teña os pes máis preto da terra é que cada vez coñezo mellor a miña tolemia. Por algo se comeza.