sábado, 6 de marzo de 2010

Bendito INCONFORMISMO

Non é doado ter claro o que se quere, o que se busca na vida. Non ten sentido que o sexa, non ten sentido que sexa estático, non ten sentido que un soño sexa posible, iso non é un soño.
Din que escoller metas demasiado lonxanas ou imposibles desanima, que ver que nunca as vas acadar destrue a autoestima.
E cómo fai unha persoa para deixar de desexar que o mundo sexa xusto, cómo alguén esquece á única persoa da que estivo namorado inda q nunca fora correspondido, cómo se vive cunha espiña cravada, cómo se fai para que che deixe de hervilo sangue cada vez que ves que a sociedade onde vives carece de valores, ou o que é peor, que os valores son a antítese dos que dita o sentido común. Cómo pode haber xente que nunca pensara nisto. Para qué educas a un neno se non é para regallarlle un mundo que sintes teu.

As persoas que decidiron simplificar as súas ideas, que cren case todo o que ven nas noticias porque non teñen tempo a indagar o suficiente para desmentilo, que participan deste pensamento único que invade o mundo, que aceptaron coma seus os valores da sociedade actual son persoas que actúan de xeito coherente ás súas ideas, logran as súas propias metas, teñen fillos, unha parella, un bo traballo, un coche bonito e os máis afortunados un piso que lle deron seus pais. Pero qué fixeron polos demáis, cómo e cando participaron do que é pertencer á raza humana, cantas decisión tomaron realmente, cantas veces atreveronse a sairse das "pautas", que cantidade de altruísmo houbo no seu pasado, cantas veces se torturaron pensando que a súa vida non tiña sentido se non facían algo disto...?

Hai cousas que se poden conseguir, sempre se poden conxugar metas a curto e a longo prazo.
Hai cousas que non se poden conseguir, pero que non desexalas asasina o espírito. Eu prefiro ter un ánimo abatido ca un espirito morto.









Deberiamos adaptar a foma de vida ós ideais, non os ideais á forma de vida.

A meta non é ser feliz, é acadar unha xustiza global.