domingo, 1 de diciembre de 2013

Na mesma liña

Qué acontece cando as vosas mentes pensan á vez, cando os vosos corpos móvense ó mesmo son, cando unha forza incontrolable que sae da barriga impúlsavos a estar o máis preto posible: os planetas alinéanse á vez que o brillo do sol fica constante, para que, un intre despois, a luz volva a palpebrar e os astro xiren de novo, inda que agora, ó redor dos vosos embigos; acabades de enamorarvos.
A utilidade de este proceso biolóxico din que é a reproducción, pero eu creo que vai máis alá. Que axuda a manter a cordura, que fai que calquer sinsentido sexa soportable, que é das cousas máis emocionantes e divertidas que se poden vivir. É unha mágoa que haxa que depender doutra persoa para que suceda, pero este requisito tamén é o que o fai tan especial.

domingo, 30 de junio de 2013

Debilidade

Levaba un tempo pensando que cambiara, que me convertera nunha persoa extrovertida, que xa me apetecía coñecer xente nova, que non era tan débil coma quería agochar debaixo do meu galbán de cota de malla. Semellaba que calimero saíra do seu cascaron, pero en realidade estaba enganandome a min mesma e finxindo que acado as miñas metas. Pero levo 3 semanas con moito tempo para pensar e falando conmigo mesma, e polo que parace non cambiei tanto. A debilidade e a necesidade dunha aperta cada día é máis latente. Os resultados nunca chegan a tempo ou quedan pola metade. O conformismo e a apatía seguen a invadir a miña alma.
Sigo esperando que sucedan cousas, coma se a actitude que as provaca cambiara. Esas cousas sucederon no pasado como caídas do ceo, como maxia, maxia que sucedeu unha, duas ou tres veces, pero que nunca saberemos se volverá a acontecer. Sigo agardando cousas que non me sucederon xamais, pero eu continúo sendo igual, un pouco máis estropeada polo tempo, e cada vez menos boa, pero igual.
Se non cambio eu, nada cambiará.