jueves, 16 de julio de 2009

Do amor ó odio hai un paso


O lugar onde naces, ou onde pasas os teus primeiros anos, ou onde naceu toda a túa familia, é onde comeza o muelle que termina no teu corpo, que che deixa alonxarte, pero chega un punto que tira de ti e obrigandote a volver a casa.
Sendo o lugar que máis queres é tamen o que máis odias, porque o coñeces tanto que non paras de sacarlle defectos. Se a iso unes, que notas que tódalas decisións que se toman van en contra do que ti farías, desesperaste. Pensas en marchar, en protestar, en non pensar, en buscar solucións.
Estou farta do cemento polo cemento, dos edificios vacios, das praias de mentira, da xente que viaxa sen respetar o lugar que visita, dos que reciben visitantes sen facerse respetar, dos que pasean en coche, de que se burlen do noso acento, dos que falan utilizando unha chea de palabras recortadas e misturadas co inglés.
Estase construindo o último pedazo de costa que tiña árbores.
Sálvanos a choiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario