lunes, 26 de abril de 2010

Carpe Diem

Sinto agobio cando recordo a cantidade de cousas interesantes que aprendín, e doume conta que cada ano van a menos, que as experiencias son cada vez menos intensas. Vou hacia diante buscando algo novo, algo que me faga tremer, algo que me poña nerviosa, quizá o que queira é volver atrás e revivir o pasado con máis atención e dentro duns anos, cando a miña vida teña a metade da metade de cousas novas que a de agora, pensarei neste momento, e direi, "tiña que habelo vivido con máis intensidade".
Quero gritar e escoitalo eco nun acantilado, nadar no mar con treboada, saltar e suar nun concerto, atopar unha profesión que me encha a alma, namorame de algo ou alguén, que me dean unha lista longa de películas e libros que me vaian a engaiolar e que as vexan e os lean comigo, ler máis rápido, aprender a falar máis idiomas, viaxar sen saber moi ben a onde, pasar menos tempo co ordenador e máis con persoas interesantes.

Solidificación e organización caótica

Cómo inflúen no carácter as diferentes situacións polas que pasas? Depende da persoa e do momento que estea a vivir.
Eu sinto que cada vez son máis "pedra", xa non choro tódolos meses, e se o fago é por culpa das hormonas femininas non por ningunha situación real; xa non sinto a nostalxia como unha dor no peito, incluso sinto medo a voltar pra quedarme e decepcionarme. Tamén noto que teño menos vergoña ó dicirlle o que penso e o que sinto a persoas que coñecín fai pouco, será porque teño que desenguedellar a maraña que vive na miña cabeza, gustaríame que me coñeceran cando era un ovo que tiña medo a rodar sen papel de boliñas por debaixo, era moito máis entrañable. Últimamente a xente asustase de como formulo ecuacións matemáticas con emocións e sentimentos; de como plantexo a vida en forma de árbore na que as ramas son situacións posibles, e decido en cada unha desas hipotéticas divisións que decisión tomaría eu; hai que estar preparada para todo. O que inda non saben os que me coñecen pouco é que despois de tanto cavilar acabo tomando as decisións coas tripas.
O que non cambiou é o difícil que é para mín deixar de soñar polas mañás os días que os soños son tan divertidos ou tan placenteros, que compensa que non sexan reais; e así prefiro non espertar. Outras dúas cousas que non mudaron son ter o reloxo 5 minutos adiantado, para levarlle sempre uns minutos de vantaxe á realidade; e perder o tempo de xeito insultante hacia a miña teórica planificación. Despois deste maltrato, o tempo anóxase e perségueme ata gañarme a carreira, pasarme por riba e deixarme dicindo á vez "isto non o volvo facer" e "iso non cho cre ninguén".

sábado, 17 de abril de 2010

El número 20



Ya no la quiero, es cierto, pero tal vez la quiero.

Se mordo a lingua morro envelenada

Dun tempo a esta parte, toda a prudencia e intención conciliadora que caracteriza a unha parte de mín está perdendo contra a cara b da miña personalidade: o protestar por todo e non facer case nada, o despotismo, o dicir o que penso sen pararme a pensar se vou ferir a alguén; algúns dirían que son máis natural, pero iso de asilvestrar o carácter non sei eu se ten tanto que ver coa naturalidade, o que pasa e que levo moito tempo soa polo "mundo" adiante sen ninguén ó lado que me queira dabondo como para corrixirme, e eu soa ás veces non dou a basto, faltame perspectiva.
As vivencias dan sabiduría e a inocencia felicidade e bondade, non sei que lle pasa ó mundo, pero non me esta sentando nada ben.

26.945

Non sei se o dato é exacto, non sei como fixeron as contas, pero é seguro q a tendencia é a que amosa a cifra: cada vez menos xente fala galego.
Sinto magoa, anoxo e responsabilidade. Magoa porque é certo; anoxo porque creo que leando a cultura a un grupo que non representa a totalidade da sociedade galega, a cultura sae perdendo, paradoxica posición logo; e responsabilidade porque eu son un deses números.
Coñecer varios idiomas fainos máis intelixentes (hai estudios psicolóxicos que o proban), ter menos probabilidade de sufrir enfermidades coma o alzhéimer, axúdanos a comunicarmos con máis persoas, ademáis de ser moi divertido. Só lle vexo vantaxes.
Non defendo a erradicación do castelán de Galicia, pero sí o fomento do galego, que considero prioritario e urxente, pareceme ben este acto neste sentido, ó facer ver esta fea realidade; o que non sei como valorar son os danos colaterais que sufriron as paredes, porque os pintores, artistas artistas non son...