Cómo inflúen no carácter as diferentes situacións polas que pasas? Depende da persoa e do momento que estea a vivir.
Eu sinto que cada vez son máis "pedra", xa non choro tódolos meses, e se o fago é por culpa das hormonas femininas non por ningunha situación real; xa non sinto a nostalxia como unha dor no peito, incluso sinto medo a voltar pra quedarme e decepcionarme. Tamén noto que teño menos vergoña ó dicirlle o que penso e o que sinto a persoas que coñecín fai pouco, será porque teño que desenguedellar a maraña que vive na miña cabeza, gustaríame que me coñeceran cando era un ovo que tiña medo a rodar sen papel de boliñas por debaixo, era moito máis entrañable. Últimamente a xente asustase de como formulo ecuacións matemáticas con emocións e sentimentos; de como plantexo a vida en forma de árbore na que as ramas son situacións posibles, e decido en cada unha desas hipotéticas divisións que decisión tomaría eu; hai que estar preparada para todo. O que inda non saben os que me coñecen pouco é que despois de tanto cavilar acabo tomando as decisións coas tripas.
O que non cambiou é o difícil que é para mín deixar de soñar polas mañás os días que os soños son tan divertidos ou tan placenteros, que compensa que non sexan reais; e así prefiro non espertar. Outras dúas cousas que non mudaron son ter o reloxo 5 minutos adiantado, para levarlle sempre uns minutos de vantaxe á realidade; e perder o tempo de xeito insultante hacia a miña teórica planificación. Despois deste maltrato, o tempo anóxase e perségueme ata gañarme a carreira, pasarme por riba e deixarme dicindo á vez "isto non o volvo facer" e "iso non cho cre ninguén".
No hay comentarios:
Publicar un comentario