domingo, 5 de septiembre de 2010

Ese mes

O mes que decidín que non ía a atopar a felicidade no terreo profesional, que era necesario traballar o persoal, que quería moitísimo a alguén e que o anteporía ante calquera cousa, ese mes, ese mesmo mes a outra persoa decidiu que non me botaba de menos e que xa non me quería coma antes. Eu sigo tendo a mesma convicción: a felicidade esta soamete ó seu lado.

LA VIDA DE LOS PECES from sebastian olivari on Vimeo.

Os mundos de Yupi

Ás veces, penso que sería feliz soamente vendo boas películas, todo o día nunha realidade parelela, pero sen consecuencias nocivas para a saúde a longo prazo. Imaxinar sen esforzo algún. Outras veces, cando a preguiza me deixa en paz, penso que tería que comezar a escribir en serio as miñas entrañas para dar vida ás estrañas historias que viven na miña cabeza. Xusto ó espertarme, coller algo no que se poida pintar e recollelo ou grabalo con voz; cómo me gustaría poder sacarlle fotos ás ideas.

jueves, 26 de agosto de 2010

Esta semana tocan Silvio e Ben


Volvo a un tema recurrente, que me persegue; escoitando esta canción encantoume este parágrafo:

Cierto que no prescindi de ningún laberinto
que amenazara con un callejón sin salida.
Ante otro más de lo mismo creí en lo distinto
porque vivir era búsqueda y no una guarida.


A vida hai que vivila, hai que arriscar, aferrarse ó que se ten da tranquilidade, pero non podes saber cal é o teu sabor favorito, ata que non os probas "todos". Agora toca catar, canto máis apresa mellor. O problema virá cando volvas á heladería a pola sabor que escolleches e che digan que xa non a fabrican ou que está esgotada, por iso temos tanta presa!!!!


Que non se pode atar nada con cadeas, nin mexar ó redor para marcar territorio; Deixao libre, se volve é teu, se non nunca o foi. But I would rather be locked to you than live in this pain and misery

jueves, 5 de agosto de 2010

Outra vez non!

Teño que asumir que me abandonaches, teño que meter na cabeza que non me queres, teño que darme conta que non che importo máis que calquera outro amigo, teño que deixar de ser monotemática; pero non podo crelo, non entendo como puideches esquecer tanto amor; agora penso que me mentías e que te mentías a ti mesmo, q realmente nunca me chegaches a querer tanto, non atopo outra explicación.
Non sei canto vou tardar en deixar de soñar a diario contigo, non sei cando vou perder a esperanza de recuperarte, non teño nin idea de como se fai isto.

martes, 13 de julio de 2010

Que ten o fútbol que non teña eu?

O que pasou o domingo e o que vin o luns nos "telediarios", por chamalos dalgun xeito, foi unha animalada, como se diría na casa. Non entendo por qué a xente lle gusta tanto ese deporte, xa nun Barça Madrid paralízanse un pouco as cidades, pero neste partido estiven paseando en bici, e teño que dicir que esperaba atoparme a cidade máis valeira, que os domingos Granada é coma Vigo, un cemiterio, pero inda así moita xente non había, e coches poucos, se iso taxis e autobuses.

Por outra banda, estou disfrutando co debate que se crea sobre a "españolidade". Paréceme curioso que a xente diga que está orgullosa de ser española porque gañou a copa do mundo de futbol, xa ves ti, se eu fose Contador ou David Cal estaría un pouco cabreado, ademáis de ter máis abdominais ca dentes. A pesar do enchidos que se senten algúns agora, España tamén é un dos primeros paises en exportación de armas, un país que está a sufrir unha preocupante fuga de cerebros, un país que traballa moitas horas e produce moi pouco, un país representado en Bruxelas cuberto de cemento do que tenta saír unha escavadora e un país que ten por bandeira ser un vago, falar mal inglés, durmir despois de comer e matar animais como deporte nacional.
Isto traerá algún beneficio, ademáis do contento que está todo o mundo?; quero dicir, á FIFA esa quen lle paga? Cos cartos do premio vanse construir mellores campos de futbol para que os futuros futbolitas teñan mellores instalacións, e as rapazas de gimnasia e os de baloncesto teñan mellores pabellóns de fútbol sala para adestrar, facer exhibicións ou xogar partidos?
E outra cousa na que cavilei o domingo, que mal o deberon de pasar Puyol, Piqué e Xavi, que morea de sentimentos cruzados. Que non sei se algún día Catalunya acadará a independencia, pero se o fai, España non volve gañar ó futbol nin de risa. Xa sei que este parágrafo é inconstitucional, ademáis de violar o tratado de Maastrich, pero é verdade.

E falando da miña experiencia pos-partido, o que pode mover un deporte!, síntome algo alieníxena ó darme igual. Vin un cacho do partido e a prórroga, e sí, un pouco de ui!! pra aquí pra alá, sí divertido, os partidos importantes penso que o son. Pero logo volvendo a casa, os demáis ían á Fonte das Batallas onde se celebran aquí os acontecementos deportivos, e que paradóxicamente conmemora unha batalla con franceses e cataláns, ía eu pensando nas miñas cousas cando me dí unha das rapazas que viña comigo, de onde haberá sacado a xente tanta bandeira?, levantei a cabeza e vin unha marabunta de coches, xente, motos, todos ataviados de vermello e amarelo, eu estaba no meu mundo non estaba escoitando os pitos e as trompetas nin vendo aquilo, estaba pensando noutro planeta.

En fin, para ser feliz hai que ser ignorante, ou abstraerse dos problemas por momentos, que é verdade que se non un vólvese tolo. Para iso están as drogas, o sexo e o rock and roll, ós podemos engadir o fútbol. Qué afortunado o que disfrute das 4 cousas! pero eu quedo coas 3 primeira. Índa que polo outro lado, canto máis tempo pases nesos mundos irreais, máis feo é o real cando volves, se non traballasches para cambialo. Tamén é verdade, que postos a perdelo tempo cada un coas súas cousas, mellor disfrutando que sufrindo.

Eu sigo pensando que esta separación non durará

- ¿Qué, como o levas?
- O que, o proxecto ou que me deixaras.
- Primero o proxecto e logo falamos do outro...

Non sei se o ves, ou se che fai falta máis tempo, pero eu creo que acabaremos xuntos, como nunha película noña, desas que tan pouco nos gustan.
Estou sendo demasiado optimista e vou levar unha ostia...

sábado, 10 de julio de 2010

Dor

Dóeme a cabeza de chorar, teño os ollos inchados de tanto secalos.
Onte dixechesme q só me querias como amiga e que non me botabas en falta.
Xa non participarei máis da túa vida, as túas boas novas non serán tamén miñas e as túas penas xa non me entristecerán.
Conseguirei mellorar coma persoa sen a túa axuda, lograrei ter unhas metas claras e acadareinas, xuntarei tantas alegrías propias que xa non me fará falta alimentarme das túas.
Pero ese trozo de min que te levas, todos os anos que compartimos, iso non poderei rechealo nunca.
En cales son os meus defectos, polo menos niso, seguimos estando dacordo.

Que sabes que escribo e nin tan sequera queres lelo, que sabes volvo a casa e darache igual verme que non, que sabes que paso as horas lonxe e soa e non me contas ningún conto.

A verdade, se te vas a comportar así, mellor que non me queiras.