miércoles, 16 de marzo de 2011

sen vento que me leve, sen brúxula que me oriente

Ás veces chámote para falar, outras para escoitar; unhas preciso que me desenredes e outras comprobar que estás ben.
Eu sigo, vivindo máis en soños que na realidade, será porque pretendo que a irreal felicidade que creo na miña cabeza me dea folgos para enfrentarme a todo o que quero cambiar, ahí fóra e aquí dentro.
Teño esa impresión de non saber que ano é, e esquezo a orde dos meses demasiado amiudo. Empecei a espertarme sen saber onde estaba ó mes de chegar, non ó chegar, supoño que foi cando comecei a darme conta de que nunca poderei volver a ningunha situación nas que estiven; que nada é estático, incluso agora que case todo o parece; que só queda mirar para diante; que continuar escapando non me levará a ningún destino.
Non vivo, levito, as decisión tomanme a min no canto de eu a elas. Fai demasiado tempo que non me sinto satisfeita, que sinto que perdo o tempo, que vivo a medias.
Preciso unha paixón pola que guiarme, unha paixón que estea nas miñas mans ata cando eu quera, e que non se esmoreza cando menos o espere.
Parece que vou clarexando as cousas, que xa sei o que quero. Pero so o asemella, eu creo que non é que teña os pes máis preto da terra é que cada vez coñezo mellor a miña tolemia. Por algo se comeza.

martes, 23 de noviembre de 2010

O tren

Que te vexa chorar un extraño é moi parecido a que non te vexa chorar ninguén?
Provoca a mesma ledicia esperar que ser esperado?
Que significa cando o "morro por verte" convertese en "teño ganas de verte"?
É posible que o "teño ganas de verte" dure toda a vida e nunca roce o "dame igual hoxe que mañan"?
Ata que punto unha persoa pode decidir sobre os seus propios sentimentos?
Ata onde se pode ser consciente deles?

Sempre notei que en movemento a cabeza pensa mellor, máis rápido, pode ser que sexa por iso que di a teoría da relatividade, que a altas velocidades o tempo espállase, non sei. Esta teoría desarrolleina en frecuentes viaxes en tren a Vigo, esas vistas dan moitas cousas que pensar...
Agora a esa estación teñolle medo e ganas, non sei que pasará cando a volva a pisar. Gardo tantos recordos de bolboretas no estomago ou ganas de vomitar nunca souben que eran, de preocupación porque estaba deixando de ter ganas de vomitar, de choros de ledicia, de bágoas de pena, de calor e despedidas, de frío e reencontros, de mochilas nas que me quería meter eu, de cando non había cinta e podia ir a dicirche adeus á porta, de cando xa non me deixaban pasar e metiame polo andén do lado para ver a túa silueta no tren, de esperar moito tempo, de chegar tarde, de buscarte entre a xente, de bicos con sabor a tabaco, de apertas que duraban ata a mañá seguinte que nin Songo anda e Toranks fusinábanse tan forte.
Supoño que tampouco era tan especial, moita xente ó noso redor tiña comportamentos parecidos, pero eu sempre pensei que o noso era distinto.

Quedamos en Vigo - M-Clan



Oh! Galicia Calidade - Mártires del compás

o día que o meu subconsciente namorouse

Despois dun mes estudiando e facendo traballos sobre temas que nunca comprenderei chegou febreiro, e con el o entroido. Como estabamos en Andalucía, vamos a falar con propieda "carnaval de Cádiz". Qué fago escribindo sobre algo que pasou fai 9 meses? Explícome, a historia non rematou como eu creo que quixese, mais ben non houbo historia, pero mandaronme un relato que fala de encontros fugaces e reencontros, e sen ser a miña historia tan especial como a que lin, fíxome acordarme dela :)
Partimos en autobús, brancaneves, carrapuchiña vermella, zingaras, pipi lanstrum, lacasitos, macetas bolcadas, unha hippi, reis e raiñas medievais, "el tio de la bara", un jeque árabe, abellas e demáis personaxes; arrincamos cunha baixa importante, King África tiña a garganta destrozada e non puido vir. Por diante 5 horas que se convertiron en 6 gracias a habilidade do conductor. Bocadillos, cervexa, ron e licor café, todo isto aderezado coas previsións meteorolóxicas do diluvio universal.
Chegamos, tarde pero a tempo, a cidade chea de xente, a praza a rebentar, xa as provisións diminuiran considerablemente, moitas horas de autobús. Entre mexada e charla con algún personaxe, coma a superwoman de Almería, as capitás pescanova, as vaqueras a cabalo e os protagonistas da laranxa mecánica fíxose de noite. Coa noite veu a choiva, como boas norteñas iamos preparadas, paraugas e impermeable. Aqui todo comeza a estar nubrado, aparece un tipo de rizos debaixo do meu paraugas e poñemonos a falar, flases das rúas de cádiz, un bar ou dous, frio, unha molladura coma un mundo e moito tempo esperando a que chegase o autobús para levarnos de volta a casa.
Ó día seguite só recordaba que coñecera a un rapaz que me caera moi ben, cousa que facía moitos anos que non me pasaba e que índa non me volveu pasar. Seus país eran galegos e vivía en Murcia non puiden recopilar máis datos, ningún nos acordabamos de máis, é que fomos todos no mesmo autobús. Maldecindo a miña cabeza tola e a miña pouca mesura acendemos a cámara de fotos e había fotos!, puidemos comprobar que era un home feito e dereito.
O mes seguinte intentei utilizar os datos que tiña para buscalo pola Internet, puxen na miña foto de perfil unha na que saía disfrazada, non fose a ser que el sí soubera o meu nome. Non resultou, seguín maldecindome. Un día no bus vin a un que se lle parecia pola rúa, ía cunha moza, supuxen que estaría vendo pantasmas e inda que non fose así, qué? Seguiamos sen arranxar nada.
Chegou a primevera, e un día calquera nunha discoteca de modernos medio valeira vino. Ensineillo á miña amiga a ver se ela corroboraba a miña visión. E así foi, el e o resto dos amigos. Falei con el un bo cacho da noite, non me puido caer mellor, se non tivese pinta de murciano... :) o de fora é o de menos. Démonos os telefonos, agregoume a unha rede social ás 5 da mañá cunha mensaxe moi rara que me fixo soñar con el algunha que outra noite. Mandoume unha mensaxe eu cheguei tarde á festa e el xa non estaba. Propúxenlle ir a facer unha ruta en bici, a resposta foi que a súa non era de montaña, supoño que intuiu que a min dabame igual ir en bici que montada en cabaliño de mar, pero rematou o curso e non nos volvemos a ver.
Agora apelo a que cando veña a visitar á súa familia galega se acorde dunha tipa coa cabeza de cor cenoria e algo tarada.

lunes, 22 de noviembre de 2010

índa non



Ía a escribir, pero inda é de día, hai ruidos, non se pode, índa non. Cando caia o sol intentareino de novo

martes, 9 de noviembre de 2010

e de aquí pra diante qué?

O sufrimento que segue ó amor vai a ocupar o vacío que este deixa no corazón, sendo así da mesma intensidade.
A única maneira de amar é ignorar isto.
A única maneira de non sufrir é non amar.

domingo, 26 de septiembre de 2010

O meu mundo é en 3D

Últimamente (palabra coa que me encanta comezar a escribir) se me apetece falar con alguén dicirlle as cousas que provocou en min, esa persoa non está pola labor, e como non se pode obligar a ninguén a escoitar, escribo.
Estás só, chamas, non te collen, qué fas?, escribes.
Estás acompañado, falas, non te entenden, qué fas?, volves a intentalo, chamas, non te collen, qué fas?, escribes.
Cando queres dicir algo, pero non sabes nin como convertilo en palabras, fas todo o anterior mil veces, ata que chega un día que o tempo e un estado de ánimo sosegado axudante a expresarte con claridade. Unha semana despois danse as mesmas circunstancias e o que pensas segue parecendo coherente ó transformarse en letra, pero incompatible co que escribiches o outro día.
Nunha espiral de locura, da que ás veces é divertido saír, pero da que nunca me afastarei demasiado, pasan ós días, uns cara dentro, outros para fora deste enredo, e os especiais cara a dirección perpendicular das dúas anteriores.

o que vai a sevilla...

- ¿Qué querías dicirme onte?
- Nada, xa aclarei eu soa as dudas que tiña.