lunes, 5 de julio de 2010

Isto o teño que sentir, non que pensar.

Cada vez que me falas, encólleseme o estómago, e dúrame horas, cada vez que me chamas como me chamabas cando me querías, faiseme un nó na gorxa, e dúrame días. Cada vez que miro o teléfono só penso en chamarte, cada vez que recordo, como sutilmente tentas que te esqueza, doume un golpe coa outra man. Ata cando vai durar isto? Non sei se quero que remate xa, ou que non remate nunca. Deixame quererte un rato máis e voltar a sentir o que me fixo dubidar.



jueves, 1 de julio de 2010

Que mágoa!

Que non sexas a outra metade; que xa os dous nos désemos de conta; que non queiras loitar; que atopes a alguén mellor, que para min sexa tan difícil; que me fagas tan feliz; que me coñezas tan ben; que mágoa non poder esquecerte, que arrepiante pensar en poder facelo.



domingo, 27 de junio de 2010

Se o tes claro non o fagas

Quero dicir, sempre hai incertidume en todo, se o pensas ben, sempre hai pros e contras, nunca é branco ou negro.
De máis nova mudaba de opinión con máis facilidade, entón deixei de fumar porros :). Precisaba tomar unha decisión, se fixen o que debía inda non o sei, pero polo menos decidinme, que xa foi bastante. Para certas persoas certas bifurcións no camiño son imposibles de escoller, e o medo, a corvardía e a aleatoriedade acaban influindo sobre a lóxica e o corazón, que son os que realmente deberían gobernarnos.
Agora, xa me coñezo, xa sei que estar segura significa ter poucas dudas; que dubidar é bo, que non hai que facer as cousas hoxe porque así se fixeron onte, que hai que asentar os convencementos día tras día e tantas veces coma faga falta.
Que a cabeza dude de todo, pero que non se resintan os actos.

Versión española: Tres días con la familia


jueves, 10 de junio de 2010

Un granaino en Santiago

Lorca escribiu seis poemas en galego, Luar na lubre canta un deles

miércoles, 9 de junio de 2010

Xadrez

- E se son coma un peón do xadrez q o seu máximo movemento é un pasiño adiante, só un paso, que non son coma as torres, nin coma os alfís, nin coma os cabalos, son un simple peón.
- Pois logo dificilmente poderás comer ó rei.



Ás veces só necesitas un consello para virar a túa vida, ás veces.
Ás veces non precisas máis ca escoitar o que pensas.

Mira cara diante, pero onde é diante?



Cando se produce o cambio de ser novo de máis para influir positivamente no mundo, a sentirte demasido vello e perder a esperanza?, non debería de haber unha etapa no medio?
Quero ter paixón por algo que non sexa imposible, sufro a enfermidade da sociedade do benestar, da que tanto se fala últimamente: a falta de motivación.
Queren que volva a casa, é a opción máis doada, eu morro de medo. Teño medo de retornar de xeito indefinido, de agobiarme no meu lugar, é coma se non o quixese desgastar, como se non o quixese estragar para ter sempre a onde voltar.
Estou esgotada de procurar un futuro, de non saber que é o que ando a buscar, de non atopar nada, nin tan sequera pistas, nin cosellos, nin camiños.

sábado, 15 de mayo de 2010

Hoxe durmirei coa fiestra pechada

Fume, Alhambra, filmes que fan de amigos, liberdade, tanta que se transforma en soidade, tanta que teño que escribir porque ninguén me escoita. Que complicado é amar, tan complicado como aceptar as propias carencias, pero esas que doen, non esas que dan igual, esas que non podes arranxar, porque non se pode viaxar atrás no tempo e vivir o pasado coa sabiduría do presente, ou porque son herdanza das capacidades intelectuais. Hoxe durmirei coa fiestra pechada, imaxinando que os ruidos da cama da veciña de arriba fainos tamén a miña cama; hoxe durmirei coa fiestra pechada non quero que me esperte nin o sol.


Na película de hoxe dician:
-estoy muy lejos del amor, eso me matará.
-yo pensaba que lo letal era el amor, yo nunca me enamoraré.

Los sueños son como una droga, la mágia no dura y la realidad es como una cuchillada.

Es mejor todo este daño, que no haber conocido el dolor y no haber aprendido nada.

Estoy cansado de enmudecer ante cosas que no hay que callar.

Ter que escribir na Internet porque non tes ninguén ó lado que che escoite cavilar. ¿Por qué teño esa necesidade de que me escoiten? ¿Por qué me fai tan feliz estar soa?