As tres leis fundamentais de Parkinson son:
1. "O traballo expandese ata encher o tempo de que se dispón para a súa realización".
2. "Os gastos aumentan ata cubrir os ingresos".
3. "O tempo dedicado a calquer tema da axenda é inversamente proporcional a súa importancia".
Mañán porei a foto...
Fogos de artificio
sábado, 21 de enero de 2012
quecer ou non quecer, esa é a cuestion.
¿Que porqué estou cada ano nun sitio?, ¿queres que che fale coma se confiase en ti? porque se non tesme que dar máis tempo, tería que inventar a resposta.
Supoño que é porque busco algo que me faga parar, que me agarre, ou un obxectivo polo que continuar en movemento; busco a alguén que se arrisque a facerme unha boa oferta. Non quero quedar queda porque é a mellor excusa para todos os meus fracasos e porque sinto que estou perdéndome algo.

sábado, 12 de noviembre de 2011
apertas
Son importantes e non custan nada, nin tan sequera un titubeo cando existen uns cantos anos de amizade.
Son necesarias, cando as tes non as aprecias, mesmo as desprecias, e cando faltan non podes deixar de pensar nelas.
Teñen q estar de acordo canto menos dúas persoas, isto fai que a primeira vez sexa desesperante e adorable.
Poden dar lugar a máis ou non, pero nunca a menos. Non agobia ó que a recibe, nin lle asegura nada o que a da, xa que hai de moitos tipos, puidendo o que a regala interpretala dun xeito e o que a recibe doutro, ou ambos de varios, é a festa da ambigüidade, que mentres dura permíteche soñar.
Son insubstituibles, non te podes apañar ti só, non hai forma.
Son o mellor.

lunes, 17 de octubre de 2011
Unidos polo sentido común
antes
http://nosinmibici.com/2010/05/18/entropia-economia-y-decrecimiento/
15M
http://blogs.elpais.com/trending-topics/2011/05/los-virales-de-spanishrevolution.html
http://blogs.elpais.com/trending-topics/2011/05/los-virales-de-spanishrevolution-2.html
http://www.rtve.es/alacarta/audios/carne-cruda/carne-cruda-medios-alternativos-27-05-11/1113436/
preparandonos para o 15 O
http://www.rtve.es/television/20111005/documentos-tv-generacion-perdida/466307.shtml
15 O
http://www.escolar.net/MT/archives/2011/10/indignarse-es-poco.html#comments
http://www.guerraeterna.com/archives/2011/10/ft_una_moviliza.html
É 17 de outubro, o sábado tivo lugar unha manifestación que deu a volta ó mundo, fálase de 900 cidades nos 5 contienentes. Índa que as cifras son arrepiantes, parece que non pasou nada, xa levamos tantas manifestacións multitudinarias en tan pouco tempo, cando aquí o típico era protestar nos bares, que parece que é o pan de cada sábado pola tarde. Somos conscientes de que quedan tantas por diante, estamos tan dispostos a saír a rúa cantas veces fagan falta, que xa non se nos poñen os pelos coma escarpias durante días, xa non se nos humedecen os ollos, ou polo menos non tanto coma no 15M, onde non sabiamos ninguén o que ía a vir detrás, nin o que estaba pasando, onde nos demos conta de que non estabamos solos, de que había máis tolos coma nos, moitisimos máis. Agora o temos claro, o mundo vai a cambiar, o sistema caerá polo seu propio peso, pero non pararemos de saltar para acelerar esa caída.
jueves, 15 de septiembre de 2011
Deixar de
Ó igual que nós, os sentimentos medran, mutan, minguan e esvaecense. Nada ten de malo e nada ten de bó. Os cambios deberían ser suaviños e lentos, ou é que se deixa a unha persoa coma quen deixa de fumar?, evitandoa e alonxandote dela, como se fose tan mala coma o tabaco; índa que habelas hainas, non vai ser o caso.
Non podo comprender que do amor ó odio haxa só un paso; sí en quente, pero non en frío, que se seguimos así chegaremos a xélido e nin tan sequera nos felicitaremos os cumpreanos.
Haberá xente, que cando se fixo o reparto de memorias chegarían tarde, e agora teñen a capacidade de esquecer tamén as cousas boas, esas que sempre son as derradeiras, a verdadeira "resistance", esas coas que nos gusta tanto soñar.
Eu coma sempre teño moi poucas cousas feitas das que arrepentirme. Unha das poucas é que non tiña que crerte cando che facía prometer que sempre seriamos amigos, pasase o que pasase, e ti dicíasme que non concevías outro final.
Ó mellor, iso de estar tan desarraigado, faite así de individualista, de tódolos xeitos non entendo porque fas que este abismo e esta galbana acontezan, pero o día que repartiron memorias, parece que tamén repartían sensibilidade, e ti tamén quedaches sen ela; ben por ti, porque vale para ben pouco. Eu non deixo de ser a túa amiga, non son capaz, inda que non reciba unha mísera mostra de agarimo en anos; pero deixo de idolatrarte, de crerte, deixo de pensar en ti e de quererte.

miércoles, 16 de marzo de 2011
sen vento que me leve, sen brúxula que me oriente
Ás veces chámote para falar, outras para escoitar; unhas preciso que me desenredes e outras comprobar que estás ben.
Eu sigo, vivindo máis en soños que na realidade, será porque pretendo que a irreal felicidade que creo na miña cabeza me dea folgos para enfrentarme a todo o que quero cambiar, ahí fóra e aquí dentro.
Teño esa impresión de non saber que ano é, e esquezo a orde dos meses demasiado amiudo. Empecei a espertarme sen saber onde estaba ó mes de chegar, non ó chegar, supoño que foi cando comecei a darme conta de que nunca poderei volver a ningunha situación nas que estiven; que nada é estático, incluso agora que case todo o parece; que só queda mirar para diante; que continuar escapando non me levará a ningún destino.
Non vivo, levito, as decisión tomanme a min no canto de eu a elas. Fai demasiado tempo que non me sinto satisfeita, que sinto que perdo o tempo, que vivo a medias.
Preciso unha paixón pola que guiarme, unha paixón que estea nas miñas mans ata cando eu quera, e que non se esmoreza cando menos o espere.
Parece que vou clarexando as cousas, que xa sei o que quero. Pero so o asemella, eu creo que non é que teña os pes máis preto da terra é que cada vez coñezo mellor a miña tolemia. Por algo se comeza.

martes, 23 de noviembre de 2010
O tren
Que te vexa chorar un extraño é moi parecido a que non te vexa chorar ninguén?
Provoca a mesma ledicia esperar que ser esperado?
Que significa cando o "morro por verte" convertese en "teño ganas de verte"?
É posible que o "teño ganas de verte" dure toda a vida e nunca roce o "dame igual hoxe que mañan"?
Ata que punto unha persoa pode decidir sobre os seus propios sentimentos?
Ata onde se pode ser consciente deles?
Sempre notei que en movemento a cabeza pensa mellor, máis rápido, pode ser que sexa por iso que di a teoría da relatividade, que a altas velocidades o tempo espállase, non sei. Esta teoría desarrolleina en frecuentes viaxes en tren a Vigo, esas vistas dan moitas cousas que pensar...
Agora a esa estación teñolle medo e ganas, non sei que pasará cando a volva a pisar. Gardo tantos recordos de bolboretas no estomago ou ganas de vomitar nunca souben que eran, de preocupación porque estaba deixando de ter ganas de vomitar, de choros de ledicia, de bágoas de pena, de calor e despedidas, de frío e reencontros, de mochilas nas que me quería meter eu, de cando non había cinta e podia ir a dicirche adeus á porta, de cando xa non me deixaban pasar e metiame polo andén do lado para ver a túa silueta no tren, de esperar moito tempo, de chegar tarde, de buscarte entre a xente, de bicos con sabor a tabaco, de apertas que duraban ata a mañá seguinte que nin Songo anda e Toranks fusinábanse tan forte.
Supoño que tampouco era tan especial, moita xente ó noso redor tiña comportamentos parecidos, pero eu sempre pensei que o noso era distinto.
Quedamos en Vigo - M-Clan
Oh! Galicia Calidade - Mártires del compás

Suscribirse a:
Entradas (Atom)