sábado, 13 de junio de 2009

Os incomprendidos. Non vale só con ser por dentro, hai que aprender a votalo fora.



Soamente ando a pensar en voz alta, non quero que ninguén se de por aludido, que non hai ninguén malo de todo, e tampouco ninguén que sexa un santo.


Existe xente elocuente, leda, que da gusto estar con ela, sempre con ideas novas de como pasalo ben e sempre rodeada de amigos, pero esa condición de superioriadade dalles a opción de non tratar ben a todo o mundo. O que escolle é porque lle sobra.

Ás veces topas con xente moito máis imperfecta, pero moito máis xenerosa coa súa bondade.

O tempo é finito, supoño que é normal escoller, que non se pode estar en todas partes e con todas as persoas ao mesmo tempo. Pero parece que todos gustan dos mesmos valores, que socialmente está establecido como ten que ser a persoa perfecta. Plantexome se isto será cousa xa da nosa natureza. Que tendemos a movernos coma carneiros. O certo é que para sentirnos ben necesitamos a aceptación dos nosos conxeneres, pero non sei ata que punto. Pódese vivir afastado da sociedade, pero sempre acabas volvendo a caer na mesma trampa, sempre o máis minimo sorriso faite feliz, e saes a buscar máis e máis sorrisos, aceptación. Levas tanto tempo agochado que a moda da persoa perfecta cambiou, e o que estiveches ensaiando xa non se valora. Tamén tes que ter coidado, de deixarte levar pola capacidade camaleonica do ser humano, que si pasas moito tempo nun sitio, e baixas a garda, poden empezar a parecerche lóxicos certos valores, que en realidade, ou polo menos na túa realidade inicial non o son. Ó final, despois de saír e entrar tantas veces no cascaron, cada vez máis forte ou máis insensible, que para o caso é o mesmo, chegas a un punto no que por un lado manexas algunha das habilidades sociais e por outro cada vez che importa menos o que digan de ti, porque tivechela sorte de atopar xente á que lle gustas, e diso xa fai tempo, xente que che axudou a decidir que partes de ti eran defectos e cales virtudes, que non é tan sinxelo como parece. Pero seguro que hai xente que inda non atopou a ninguén, que non o atopara xamais... se a sociedade fose xusta, esta sería a chamada mala xente, pero eu non me atrevo a poñer a man no lume pola sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario