Isto traerá algún beneficio, ademáis do contento que está todo o mundo?; quero dicir, á FIFA esa quen lle paga? Cos cartos do premio vanse construir mellores campos de futbol para que os futuros futbolitas teñan mellores instalacións, e as rapazas de gimnasia e os de baloncesto teñan mellores pabellóns de fútbol sala para adestrar, facer exhibicións ou xogar partidos?
E outra cousa na que cavilei o domingo, que mal o deberon de pasar Puyol, Piqué e Xavi, que morea de sentimentos cruzados. Que non sei se algún día Catalunya acadará a independencia, pero se o fai, España non volve gañar ó futbol nin de risa. Xa sei que este parágrafo é inconstitucional, ademáis de violar o tratado de Maastrich, pero é verdade.
E falando da miña experiencia pos-partido, o que pode mover un deporte!, síntome algo alieníxena ó darme igual. Vin un cacho do partido e a prórroga, e sí, un pouco de ui!! pra aquí pra alá, sí divertido, os partidos importantes penso que o son. Pero logo volvendo a casa, os demáis ían á Fonte das Batallas onde se celebran aquí os acontecementos deportivos, e que paradóxicamente conmemora unha batalla con franceses e cataláns, ía eu pensando nas miñas cousas cando me dí unha das rapazas que viña comigo, de onde haberá sacado a xente tanta bandeira?, levantei a cabeza e vin unha marabunta de coches, xente, motos, todos ataviados de vermello e amarelo, eu estaba no meu mundo non estaba escoitando os pitos e as trompetas nin vendo aquilo, estaba pensando noutro planeta.
En fin, para ser feliz hai que ser ignorante, ou abstraerse dos problemas por momentos, que é verdade que se non un vólvese tolo. Para iso están as drogas, o sexo e o rock and roll, ós podemos engadir o fútbol. Qué afortunado o que disfrute das 4 cousas! pero eu quedo coas 3 primeira. Índa que polo outro lado, canto máis tempo pases nesos mundos irreais, máis feo é o real cando volves, se non traballasches para cambialo. Tamén é verdade, que postos a perdelo tempo cada un coas súas cousas, mellor disfrutando que sufrindo.