martes, 23 de noviembre de 2010

o día que o meu subconsciente namorouse

Despois dun mes estudiando e facendo traballos sobre temas que nunca comprenderei chegou febreiro, e con el o entroido. Como estabamos en Andalucía, vamos a falar con propieda "carnaval de Cádiz". Qué fago escribindo sobre algo que pasou fai 9 meses? Explícome, a historia non rematou como eu creo que quixese, mais ben non houbo historia, pero mandaronme un relato que fala de encontros fugaces e reencontros, e sen ser a miña historia tan especial como a que lin, fíxome acordarme dela :)
Partimos en autobús, brancaneves, carrapuchiña vermella, zingaras, pipi lanstrum, lacasitos, macetas bolcadas, unha hippi, reis e raiñas medievais, "el tio de la bara", un jeque árabe, abellas e demáis personaxes; arrincamos cunha baixa importante, King África tiña a garganta destrozada e non puido vir. Por diante 5 horas que se convertiron en 6 gracias a habilidade do conductor. Bocadillos, cervexa, ron e licor café, todo isto aderezado coas previsións meteorolóxicas do diluvio universal.
Chegamos, tarde pero a tempo, a cidade chea de xente, a praza a rebentar, xa as provisións diminuiran considerablemente, moitas horas de autobús. Entre mexada e charla con algún personaxe, coma a superwoman de Almería, as capitás pescanova, as vaqueras a cabalo e os protagonistas da laranxa mecánica fíxose de noite. Coa noite veu a choiva, como boas norteñas iamos preparadas, paraugas e impermeable. Aqui todo comeza a estar nubrado, aparece un tipo de rizos debaixo do meu paraugas e poñemonos a falar, flases das rúas de cádiz, un bar ou dous, frio, unha molladura coma un mundo e moito tempo esperando a que chegase o autobús para levarnos de volta a casa.
Ó día seguite só recordaba que coñecera a un rapaz que me caera moi ben, cousa que facía moitos anos que non me pasaba e que índa non me volveu pasar. Seus país eran galegos e vivía en Murcia non puiden recopilar máis datos, ningún nos acordabamos de máis, é que fomos todos no mesmo autobús. Maldecindo a miña cabeza tola e a miña pouca mesura acendemos a cámara de fotos e había fotos!, puidemos comprobar que era un home feito e dereito.
O mes seguinte intentei utilizar os datos que tiña para buscalo pola Internet, puxen na miña foto de perfil unha na que saía disfrazada, non fose a ser que el sí soubera o meu nome. Non resultou, seguín maldecindome. Un día no bus vin a un que se lle parecia pola rúa, ía cunha moza, supuxen que estaría vendo pantasmas e inda que non fose así, qué? Seguiamos sen arranxar nada.
Chegou a primevera, e un día calquera nunha discoteca de modernos medio valeira vino. Ensineillo á miña amiga a ver se ela corroboraba a miña visión. E así foi, el e o resto dos amigos. Falei con el un bo cacho da noite, non me puido caer mellor, se non tivese pinta de murciano... :) o de fora é o de menos. Démonos os telefonos, agregoume a unha rede social ás 5 da mañá cunha mensaxe moi rara que me fixo soñar con el algunha que outra noite. Mandoume unha mensaxe eu cheguei tarde á festa e el xa non estaba. Propúxenlle ir a facer unha ruta en bici, a resposta foi que a súa non era de montaña, supoño que intuiu que a min dabame igual ir en bici que montada en cabaliño de mar, pero rematou o curso e non nos volvemos a ver.
Agora apelo a que cando veña a visitar á súa familia galega se acorde dunha tipa coa cabeza de cor cenoria e algo tarada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario